EconomíaEconomíaÚltima hora

O acondicionamento dos parques dos Patos e do Tren, na Valenzá, contará cun investimento de 110.000 euros

O convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións, foi rubricado por parte do presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e do alcalde de Barbadás

O presidente da CHMS e o alcalde de Barbadás durante a reunión.

 

Na mañá deste mércores 16 de setembro, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel asinaban o convenio de colaboración que determina as condicións para a “financiación, execución, mantemento, conservación e posterior entrega” das obras contempladas nos proxectos de mellora dos parques dos Patos e do Tren, preto do río Barbaña.

 

Momento da sinatura do convenio.

 

Tal como avanzan dende a Confederación, nos Patos retirarase parte do entramado vexetal que linda coa estrada e procederase ao levantamento “dun muro de pedras de granito con albardilla, rexa metálica de aceiro pintado e postes de granito rematados con capiteis graníticos”. Incluirase ademais unha porta metálica de dobre folla do mesmo material e rematarase a fronteira cun novo peche con firme de zahorra. No que respecta ao parque infantil do Tren, “traballarase na retirada do pavimento de caucho e na montaxe dun novo tren adaptado á normativa, ademais da mellora en distintos elementos, así como na valla perimetral de madeira”.

O orzamento total para estas actuacións estímase en 110.000 euros e será sufragado entre entre a CHMS e o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button
Close