OurenseÚltima hora

O acordeonista Gorka Hermosa actúa en Ourense

Organizado dende o Liceo de Ourense, o concerto está previsto para mañá sabado 31 de xaneiro ás 20h.

GORKA HERMOSA

O Liceo de Ourense ten programadas dúas citas musicais para esta fin de semana. A primeira será hoxe, venres 30 de xaneiro no Patio de Columnas, con entrada libre. Alí, a partires das 22h. o grupo ourensán Los Evers dará un concerto co seu repertorio centrado nos temas dos años 60, 70 e 80.

A seguinte cita será mañá, sábado 31 de xaneiro a partires das 20h. da man do acordeonista e compositor guipuzcoano Gorka Hermosa. Os alumnos do Conservatrio de Música de Ourense poderán acudir con invitación, a entrada para os socios do Liceo será de 3 euros e para o público xeral de 5 euros, á venda no Liceo.

Artigos relacionados

Back to top button