OurenseÚltima hora

O acto “Castelao e Prada. Irmaus!” lembra en Ourense o vínculo entre ambos intelectuais galegos

No ano 2020 conmemorarase o centenario da Xeración Nós

Co gallo do 69 aniversario do pasamento de Castelao, na tarde do 7 de xaneiro celebrábase en Ourense o acto “Castelao e Prada: Irmaus!” no que se lembrou o vínculo que gardaban estes dous intelectuais.

A homenaxe contou coa asistencia do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, quen destacou que ambos intelectuais foron “galegos que fixeron país desde a Arxentina” enxalzando a figura de Rodolfo Prada. Durante a súa intervención, Román Rodríguez, avanzou que a Xunta está a traballar na planificación do programa de actividades co que se conmemorará, no ano 2020, o centenario da Xeración Nós e no que Ourense xogará un papel principal. “Traballamos para facer deste fito algo memorable e á altura do talento dos seus protagonistas”.

A este acto conmemorativo tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ademais, interviñeron Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, Ramón Villares, Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e académico numerario da RAG, e Luís González Tosar, presidente do Centro Pen Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button