CulturaMúsicaÚltima hora

O acto inaugural da exposición “Gaitas Primitivas” de San Xoán de Río contará con actuacións musicais

Terá lugar mañá, 15 de xullo, no salón de plenos da vila ás 18:00 horas

O salón de plenos de San Xoán de Río acollerá o acto inaugural da exposición “Gaitas Primitivas”. Esta actividade contará con diversas intervencións como a do director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Lois Foxo; do alcalde de Manzaneda, Amable Fernández; da alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez; do alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez; ou a do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

 

Cartel da actividade.

 

Para completar esta actividade, haberá actuacións musicais, xa que as cantereiras Blandina de Cotarós, Digna de Vilanova, e Fiuca de San Fiz, interpretarán o Cancioneiro da Seitura de Manzaneda e Terras de Trives. Ademais, tamén se contará coa presenza da gaiteira Ari Pérez.

Máis información: https://osil.info/rio-acollera-a-exposicion-gaitas-primitivas-do-15-de-xullo-ao-15-de-setembro/

 

Artigos relacionados

Back to top button