EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O actor Chechu Salgado, natural de Sober, pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi

Recentemente recibiu o Premio Goya como mellor actor revelación polo seu papel no filme ‘As Leis da fronteira’

Publicidade

 

O actor nado en Sober Chechu Salgado (1991) será o pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 9 e 10 de abril. Cando recibiu a proposta por parte do Concello de Sober non o dubidou e manifestou sentirse moi agradecido e “desexando que chegue ese día que vai ser inesquecible”.

Chechu Salgado vén de recibir o Premio Goya como mellor actor revelación polo seu papel no filme ‘As Leis da fronteira’. Ademais desta interpretación Chechu Salgado ten participado en series galegas tan coñecidas como Serramoura, na serie de Antena3 Fariña, en Servir y Proteger, de TVE ou en Patria, de HBO. Na actualidade está rodando unha serie en Galicia.

O Concello de Sober quere con esta elección recoñecer o traballo que o mozo está facendo no mundo audiovisual “no que aínda lle quedan moitos éxitos que colleitar” e, ao mesmo tempo, contar cun pregoeiro de excepción, de actualidade e un orgullo para todos os veciños e veciñas.

O mundo artístico e da música, recorda o rexedor, Luis Fernández Guitián, “é moi importante para o Concello de Sober”, e elixir a este actor como pregoeiro “é unha demostración máis da nosa aposta pola cultura”. Recorda, ademais, que o ano pasado unha música foi a pregoeira da Feira, a solista Eva Amaral.

Foto: cedida polo Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button