CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O actor e cantante barquense Christian Escuredo en TVE

Era entrevistado, xunto aos outros dous protagonistas do musical “Priscilla. Reina del desierto”, no programa “T de T” de TVE

 

O barquense Christian Escuredo, cos outros dous protagonistas de "Priscilla. Reina del desierto", en TVE.
O barquense Christian Escuredo, cos outros dous protagonistas de “Priscilla. Reina del desierto”, en TVE.

Da historia, das cancións, da preparación dos personaxes, da interpretación… Ao longo dunha entrevista con Toñi Moreno os tres protagonistas do musical en clave de comedia “Priscilla. Reina del desierto”, que se estreaba o 2 de outubro no Teatro Alcalá de Madrid, explicaban os diferentes aspectos e características deste espectáculo. Trátase de Mariano Peña, Jaime Zatarain e do valdeorrés Christian Escuredo.

 

O valdeorrés Christian Escuredo, durante a entrevista no programa.
O valdeorrés Christian Escuredo, durante a entrevista no programa.

Entres as curiosidades desta produción que se  desvelaban no decurso do programa estaba a complexidade para cambiarse de vestiario e colocarse elementos como enormes perrucas. E para amosar a súa rapidez entre bambalinas, Escuredo, o máis rápido dos tres, demostraba en directo cómo cambiarse en apenas 15 segundos e logo, caracterizado, realizaba parte dun dos números do musical.

 

Este cantante e actor valdeorrés, caracterizado  e interpretando un dos bailes do musical.
Este cantante e actor valdeorrés, caracterizado e interpretando un dos bailes do musical.

A entrevista completa, que se emitía o pasado 8 de outubro na primeira cadea da televisión púlbica española, pode verse no seguinte enderezo:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/t-con-t/mariano-pena-gente-va-salir-bailando-priscilla/2798573/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button