CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O actor e cantante barquense Christian Escuredo, xurado en “Recantos”, na TVG

O concurso musical do Luar está inmerso na segunda fase

Publicidade

 

O concurso musical “Recantos” do Luar, que cada venres chega aos telespectadores da man da Televisión de Galicia, está inmerso na segunda fase da edición deste 2020.

Na noite deste 18 de decembro enfrontábanse sobre o escenario os representantes das terras da Coruña, Fernando Hernández, e Vigo, Raquel Meleiro. E formando parte do xurado encargado de valorar a actuación de cada un estaba o actor e cantante barquense, Christian Escuredo, protagonista entre outros dos aclamados musicais Priscilla e 33.

Nesta edición de “Recantos”, outra barquense representa a Ourense oriental, Emma López, que actuará de novo o vindeiro 15 de xaneiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button