EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

O actor Federico Pérez, pregoeiro da XXIII Feira do Viño de Valdeorras

O acto está previsto para o 9 de xullo ás 13h. na praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

O actor Federico Pérez./ Cedida.

 

O actor, guionista e monologuista galego, Federico Pérez Rey, coñecido popularmente por ter interpretado numerosas persoaxes de éxito en series de televisión e cinema tanto a nivel galego coma nacional, será o encargado de pronunciar o pregón na XXIII edición da Feira do Viño de Valdeorras, o vindeiro sábado 09 de xullo ás 13.00 horas na Praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco).

Fede Pérez, de 45 anos, é un dos rostros máis recoñecidos de series da Televisión de Galicia. Nesta canle, participou en ficcións da talla de Padre Casares, Libro de Familia, O show dos Tonechos, Mareas Vivas ou Era Visto!. Porén, tamén destaca polos seus papeis en cinema en películas como Mar adentro ou Retornos.

Entre os seus últimos traballos está a comedia Cuñados, producida polo valdeorrés Alfonso Blanco “Fosco”.

José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, xustifica a elección como pregoeiro deste veciño de Santiago en que se ten pronunciado publicamente, en diversas ocasións, como un gran “afeccionado ao viño”.

Ademais, reivindica o seu sentido do humor como “único” e “singular” e amósase convencido de que fará pasar “un rato moi divertido aos veciños e veciñas da comarca que se acheguen ata o acto inaugural da Feira”.

Artigos relacionados

Back to top button