OurenseÚltima hora

O actor francés de orixe ourensá, José García, Calpurnia de Honra Internacional no OUFF

A entrega do premio terá lugar na 24 edición do festival, que se celebrará do 27 de setembro ao 4 de outubro

José García, actor francés e fillo de ourensáns emigrados, recibirá na 24 edición do Ourense Film Festival (OUFF) a Calpurnia de Honra Internacional. O galardón será entregado durante o festival, que terá lugar do 27 de setembro ao 4 de outubro. Ademais da entrega do premio, no acto proxectarase unha das súas novas películas. Este galardón únese ao da produtora Vaca Films, premiada coa Calpurnia de Honra.

 

Durante a reunión.

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, comunicoulle no día de hoxe, 29 de xullo, a concesión deste galardón nunha entrevista que mantiveron no Pazo Provincial, onde o actor asinou o Libro de Honra da institución.

Nado en París en 1966, José García fíxose popular cun show que xa está na historia do humor televisivo francés, Nulle part ailleurs (“En ningún outro lugar”). Emitiuse en Canal Plus durante sete anos e xunto a Antoine de Caunes, recrearon numerosos personaxes.

A súa popularidade permitiulle dar o salto ao cinema nos primeiros anos noventa e converteuse nun dos actores preferidos do público, protagonizando desde entón máis de sesenta filmes, traballando con algúns dos grandes do cinema galo, entre eles Costa-Gavras (“Arcadia”, 2005), Jean-Jacques Annaud (“Su majestad Minor”, 2007), Regis Wagnier (“Plaga final”, 2007), e en España con Carlos Saura en “El 7º día” (2004) e Miguel Curtois en “GAL” (2006). Protagonista de comedias de éxito, participou en “Astérix y los Juegos Olímpicos” (2008), tamén ten en “Ahora me ves” (2013).

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close