O actor Pablo Chiapella será o pregoeiro da XXXVII Feira do Viño de Quiroga

Esta mostra desenvolverase no centro desta vila lucense na fin de semana do 20 e 21 de abril

O actor Pablo Chiapella.

O actor Pablo Chiapella Cámara, coñecido principalmente por a interpretación de papeis como o de Amador Rivas, na serie de Telecinco “La que se avecina” ou o de Moncho Heredia en “Aquí no hay quien viva”; será o pregoeiro de XXXVII Edición da Feira do Viño de Quiroga, que terá lugar os días 20 e 21 de abril. A lectura do pregón acostuma ter lugar na tarde do sábado, en torno ás 20h.

Conta cunha longa traxectoria como actor, monologuista, presentador en canais como o canal por cable Paramount Comedy, Antena 3TV, TVE, Telecinco,etc. Pertence ao denominado “Cuarteto de Albacete”, un grupo de humoristas formado xunto con Joaquín Reyes, Ernesto Sevilla y Raúl Cimas. No 2018, estreábase como presentador en La 1 de TVE á fronte do espazo “El paisano” .

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies