CulturaCulturaÚltima hora

O actor Paco González dá nome a uns Encontros Internacionais de Teatro en Valdeorras

 

Celebráranse do 6 ao 11 de agosto con representacións no Barco, A Rúa, Vilamartín e Petín e a presenza de media ducia de compañías, boa parte delas mexicanas
Gabriel Prada (á dereita) e o pedagogo uruguaio Raúl Rodríguez, na presentación./ Foto: A.R.

O teatro tomará as rúas da comarca entre os días 6 e 11 de agosto. Media ducia de compañías, a meirande parte delas chegadas dende o continente americano, participarán nos Encontros de Internacionais de Teatro Paco González, cuxo nome homenaxea a este actor valdeorrés falecido o pasado verán.

Serán 20 repesentacións en 6 días, “practicamente todas de teatro de rúa, para achegar deste xeito esta arte ao público”, segundo sinalaba na presentación do programa o coordinador do proxecto, Gabriel Prada. As compañías participantes son Xelajú, Anubiz, CTC Jalil Gibran e Instituto Kukulcán (as catro de Puebla, México), Sildance (Chicago) e Extemporani (Girona).

Nesta presentación tamén estaba Raúl Rodríguez da Silva, pedagogo uruguaio, quen dirixirá a peza “En Familia”, interpretada por actores afeccionados de Valdeorras. Poderá verse o día 6 de agosto ás 21:30h. no Teatro Lauro Olmo.

A xornada fin do festival será o 11 de agosto coa representación de “Popol-vuh” da man de Jalil Gibrán, no Teatro Lauro Olmo ñas 21h. Despois terá lugar a gala final do certame no Malecón.

O programa da mostra é o seguinte:

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close