CulturaCulturaÚltima hora

O actor rues Fran Nogueira é un dos protagonistas da nova serie da Televisión de Galicia ‘Saudade de ti’

A telenovela na que o valdeorrés interpreta a Raúl, estrearase este domingo 3 de xullo

Fran Nogueira interpretará a Raúl en ‘Saudade de ti’.

 

Na sobremesa do vindeiro domingo 3 de xullo, a Televisión de Galicia estrea unha nova serie ‘Saudade de ti’, unha telenovela 100% galega e diaria cuxa trama comeza cun accidente durante a celebración da Virxe do Carme, que destapa unha infidelidade.

E no amplo elenco desta produción, encabezado por Adrián Castiñeiras, María Tasende, Mayka Braña e Manuel San Martín, atopamos a un actor rues, Fran Nogueira, que se meterá no papel dun dos personaxes masculinos, Raúl.

 

Este xove rues tamén ten traballado como modelo./ Foto: Sabela Eiriz.

 

Fran naceu e vive en Ferrol (A Coruña), pero ten as súas raíces na Rúa, vila na que pasa todo o tempo que pode, tendo claro xa dende neno que o seu era a interpretación e para iso se formou. Graduado na Escola Superior da Arte Dramática de Galicia (ESAD), traballa como actor de cine e televisión contando no seu currículo con series como La Unidad (2020), Néboa (2020), Rapa (2022) ou a Lei de Santos (2022); e filmes como El Cuarto de Mona (2021), entre outras, amais de pezas de teatro. Tamén ten traballado como modelo e protagonizado anuncios para destacadas firmas como Estrella Galicia.

E dende o día 3, de domingo a xoves ás 22:30 horas Raúl/ Fran coarase cada noite pola pequena pantalla para conquistar a todos os galegos.

 

Fran (segundo pola esquerda), na pel dun romano na Baco Festa da Rúa hai uns anos./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button