DeportesÚltima hora

O Adas colleita tres medallas no campionato galego de pista cuberta Sub16 e Sub20

Marcos Flecha, no podio do campionato galego de pista cuberta Sub16, celebrado en Ourense. Foto: Club Adas.

 

A pista de atletismo de Expourense continuaba acollendo competicións nesta fin de semana. O 7 de marzo era escenario do XLIII Campionato de Galicia Sub20 en Pista Cuberta e do XXXIII Campionato de Galicia Sub16 en Pista Cuberta.

Nesta competición non faltaba a presenza valdeorresa nin os podios. Así o Club Adas do Barco conseguía un total de tres medallas. Nerea Fernández en pértega Sub20 (cunha marca de 2,60 m) e Marcos Flecha (1,67 m) en altura Sub16 convertíanse en campións galegos. Ademais, Aldara Basteiro lograba o bronce en altura Sub16 cun salto de 1,49.

 

Nerea Fernández impoñíase en pértega Sub20./ Foto: Club Adas.

 

Aldara Basteiro, bronce en altura Sub16./ Foto: Club Adas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close