DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Adas colleita tres medallas no campionato galego por equipos de categorías menores

Ata en tres categorías se subían ao podio os atletas do Club Adas Proinor no VII Campionato de Galicia Sub10 (BEN) – Sub12 (ALE) e Sub14 (INF) por equipos, celebrado en Lugo o 12 de maio. Así os valdeorreses facíanse co subcampionato autonómico en alevín masculino, co terceiro posto en benxamín masculino e en infantil masculino.

Ademais quedaba no quinto lugar o equipo benxamín feminino e nun sexto posto o infantil feminino. As alevíns situábanse na 12ª posición. “Os nosos pequenos e pequenas fixeron un excepcional campionato conseguindo subir ao podio en tres das súas categorías. Foi unha cita na que estiveron acompañados por dous grandes do noso atletismo: Abel Antón e Fermín Cacho”, destacan dende o Adas. Ademais o club valdeorrés resalta que moitos dos atletas conseguían “mellorar as súas marcas persoais” e outros “quedaban entre os mellor clasificados das súas probas respectivas”.

Fotos: Club Adas Proinor.

Artigos relacionados

Back to top button