DeportesÚltima hora

O Adas do Barco, campión por equipos M45 masculino no Campionato de España de medio maratón

Alberto Sánchez, que tamén viste as cores do club valdeorrés, era terceiro en categoría absoluta

O equipo valdeorrés no podio./ Foto: Club Adas.

 

Novo podio no que vai de fin de semana para o Club Adas do Barco. Se na xornada do 1 de febreiro colleitaba ata once metais, tanto por equipos como individuais, no campionato provincial de campo a través-Xogade, neste domingo este club valdeorrés volvía a brillar, pero desta volta nas categorías de veteranos.

O equipo masculino do Adas (composto por José Manuel Fernández, Ricardo Vázquez, Manuel Enrique Estévez e José Manuel García) facíase co ouro na categoría M45 no Campionato de España de medio maratón que se desenvolvía en Porto Sagunto (Valencia), cun tempo de 3:42:03.

Tamén destacaba nesta competición o terceiro posto en categoría absoluta de Alberto Sánchez (1:03:38), así como os quintos postos absoluto e máster do equipo feminino do Adas nesta mesma cita.

Artigos relacionados

Back to top button