DeportesÚltima hora

O Adas do Barco, o club máis laureado de Galicia en campionatos autonómicos de atletismo

Esta entidade valdeorresa preside agora a Comisión de Clubs da Federación Galega de Atletismo
Atletas do Club Adas do Barco de diferentes categorías antes de iniciar unha competición./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na franxa de categorías que van da benxamín ata veteranos, o Adas Proinor do Barco é o club con máis medallas de Galicia en campionatos autonómicos. Así o destaca o seu presidente Agustín González “Tinín”, quen sinala que este dato facíao público o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, durante a última asemblea xeral desta entidade deportiva. Son máis dun cento de metais os colleitados polo Adas na pasada tempada.

Por outra banda, hai que destacar que o club valdeorrés presidirá a Comisión de Clubs nesta nova lexislatura que se vén de iniciar na Federación Galega de Atletismo, 2019-2022.

Artigos relacionados

Back to top button