DeportesÚltima hora

O Adas e Leticia Gil, entre os nominados á mellor atleta e entidade absoluta feminina pola federación galega

Ademais outros nove atletas valdeorreses están nominados para os premios da gala do atletismo galego que se celebrará na Estrada
A atleta valdeorresa Leticia Gil./ Foto cedida.

 

A Federación Galega de Atletismo (FGA) abría a finais de febreiro a pasarela que permitirá escoller aos mellores atletas femininos e masculinos da pasada tempada na Gala do Atletismo, que terá este ano como escenario o municipio da Estrada.

“Como cada ano serán varias as categorías que se poderán escoller e que foron establecidas en base aos seguinte criterios: para o mellor atleta absoluto feminino e masculino (internacionalidades absolutas/os, medallistas en campionatos de España absolutos ou que superaran un récord galego absoluto en probas olímpicas), para o mellor atleta Sub16/18/20/23 feminino e masculino (atletas internacionais ou campións de España nas categorías Sub23, Sub20, Sub18 ou Sub16), para o mellor atleta máster feminino e masculino (medallistas internacionais ou atletas situados entre os 10 primeiros do ránking mundial e sempre e cando tiveran participado en campionatos específicos da categoría)”.

Neste senso, Valdeorras conta cun notable número de nominados en diversas categorías, un total de once. Así na categoría de mellores atletas e entidades absolutas femininas están o Adas do Barco e a saltadora Leticia Gil (Alcampo Scorpio 71). No apartado de mellor atleta masculino absoluto están nominados Carlos Revuelta (Fent camí Mislata) Alejo Ares (Adas), no de mellores atletas másters Eva Arias (S. Ximnática de Pontevedra), Raquel Lameiro (Adas), Mónica Yáñez (Adas), José Fernández Nieves (Real Club Celta), Luis Nogueira (Adas), David Vázquez (Adas) e Javier Cid (Atletismo Salamanca).

Artigos relacionados

Back to top button