DeportesÚltima hora

O Adas, entre os 28 clubs que participarán na VII Liga de categorías menores Abanca

Os equipos do subsector Lugo-Ourense competirán o 15 de decembro nun único encontro en Expourense
Atletas de categorías menores do Club Adas, tras unha competición na pasada tempada./ Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro 1 de decembro comezarán as fases previas clasificatorias para a VII Liga de categorías menores de atletismo Abanca nos sectores da Coruña e Pontevedra, para rematar o día 15 de decembro nun único encontro para os equipos de Lugo-Ourense, na pista de Expourense, na cidade das Burgas. “Nestas competicións tomarán parte equipos masculinos e femininos das categorías Sub10, Sub12 e Sub14 clasificándose de maneira directa para a fase final do vindeiro día 22 de decembro na pista cuberta de Ourense, os primeiros de cada encontro. As restantes cinco plazas con presencia na final se determinarán por puntuación contrastada cas marcas acadadas”, segundo a información da Federación Galega de Atletismo (FGA).

As formacións que participarán en todas as categorías serán o club valdeorrés ADAS Proinor (vencedor o ano pasado na categoría Sub10 masculina), Coruña Comarca, C.A.Cuntis, C.A. Millaraio (ganador no ano pasado da Sub14 masculina), C.A. Sada, Lucus Caixa Rural Galega, E.A. Lucense, Fontes do Sar, Ria Ferrol-Concepción Arenal, Sociedad Gimnástica de Pontevedra (gandor o ano pasado na Sub12 homes) e Ourense Atletismo, club que defenderá os seus títulos Sub12 e Sub14 femininos.

Ademais tamén participan o A. A Estrada, A.D.Mazí, Marineda A., Riazor Coruña, Atlética A Silva, C.A. Cambados, La Purísima, Pinarium, Compañia de María, C.A. Narón, Atletismo Carballo, A. Vila de Cangas (gañador o ano pasado na categoría Sub10 feminina), A.Viguesa de Atletismo, Real Club Celta, A.F. Celta, Noitebra e Franciscanos de Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button