DeportesÚltima hora

O Adas, entre os clubs de atletismo que loitarán polo título galego absoluto no Barco

Esta importante cita deportiva celebrarase o vindeiro 17 de abril a partir das 11h. nas pistas de Calabagueiros

 

A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de facer públicos os nomes dos clubs que o vindeiro 17 de abril se medirán nas pistas de Calabagueiros (O Barco) a partir das 11h. para facerse co título galego nunha competición na que, ademais se renderá unha especial homenaxe ao lanzador de xavelina valdeorrés Luis Nogueira.

Así, os clubs masculinos clasificados para o Campionato de Galicia de Clubs son o Ourense Atletismo, o S.G. Pontevedra, o R.C. Celta, o C.A. Santiago, o At. Narón, Lucus Caixa Rural, C.A. Sada e Marineda At.

No que se refire aos clubs femininos clasificados son os seguintes: Adas Proinor, Ourense Atletismo, Ría Ferrol, A.F. Celta, S.G. Pontevedra, E.A. Lucense, C.A. Santiago, Lucus Caixa Rural.

Ademais no decurso desta competición farase un recoñecemento masivo á figura dun dos grandes atletas galegos: o lanzador de xavelina vilamartinés Luis Nogueira. Este destacado e querido atleta, varias veces campión do mundo máster, falecía o pasado 1 de abril.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button