DeportesÚltima hora

O Adas feminino, entre os equipos que disputarán a Copa galega de clubs de pista cuberta

 

A Federación Galega de Atletismo vén de facer públicos os nomes dos equipos clasificados que tomarán parte na XII Copa de Atletismo de Pista Cuberta Xunta de Galicia, que se celebrará a vindeira fin de semana en Expourense.

Así, en categoría feminina competirán o Adas Proinor do Barco, a A.F. Celta, a S. Ximnástica, o Ourense At., o Ría Ferrol, o Lucus Caixa Rural, o C.A. Sada, o C.A. Santiago e o At.Lucense.

No caso da categoría masculina mediranse a S. Ximnástica, R.C. Celta, C.A. Santiago, C.A. Narón, Lucus Caixa Rural, C.A. Sada, Ourense Atletismo e Marineda Atlético.

 

Artigos relacionados

Back to top button