DeportesÚltima hora

O Adas feminino, entre os equipos que disputarán a Copa Galega de Clubs de pista cuberta

Esta competición terá lugar o vindeiro 11 de xaneiro nas pistas de atletismo de Expourense

Competición na pista cuberta de Ourense./ Foto: Adas.

 

A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de facer pública a lista de equipos, tanto femininos como masculinos, que competirán o vindeiro 11 de xaneiro na XVI Copa de Galicia de Clubs de pista cuberta. Esta proba desenvolverase nas pistas de atletismo de Expourense na cidade de Ourense.

Nesta cita “poderán intervir un total de oito clubs, masculinos e femininos, estando convidados de forma directa os catro primeiros clasificados masculinos e femininos, respectivamente, do Campionato de Galicia de Clubs ao aire libre da pasada tempada 2018/2019”, segundo a FGA.

Dentro da clasificación directa en mulleres están o Ría Ferrol, Atletismo Feminino Celta, Sociedade Ximnástica de Pontevedra e Atlética Lucense. E, por suma de puntos, figuran o Adas do Barco (con 9.325 puntos), o Atletismo Narón (8.980), Lucus Caixa Rural (8.931) e C.A. Santiago (8.671).

Na clasificación directa masculina están a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, o Real Club Celta, C.A. Santiago e C.A. Narón; mentres que por suma de puntos incorpóranse o Lucus Caixa Rural Galega, a Atlética Lucense, o Ourense Atletismo e o Club Atletismo Sada.

Artigos relacionados

Back to top button