En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Adas masculino M35, ganador do galego de cross na Rúa

O club barquense sumaba asemade multitude de podios nesta cita, entre eles os tres primeiros postos absolutos femininos

Saldo máis que favorable para o Adas Proinor no IX Cross da Rúa, proba ademais do campionato galego de veteranos e campionato provincial. O club valdeorrés remataba a mañá do 15 de xaneiro con multitude de podios. Entre eles destacaba o primeiro posto por clubs no galego en M35 masculino. Asemade en +55 o Adas masculino quedaba segundo.

A nivel individual esta entidade valdeorresa copaba o podio na proba absoluta feminina, na que vencía Esther Navarrete, mentres que Joana Filipa Pereira entraba segunda e Barca Toba terceira. Ademais a primeira posición en F35 viña da man de Iria Fernández, tamén do Adas.

Na proba masculina o mellor resultado do Adas acadábao Hassan Lekhili, cun segundo posto en M35, seguido do seu compañeiro de club Iván Fernández, que foi terceiro nesa mesma categoría. Entre os podios acadados polo club barquense cabe destacar tamén o de José Manuel Fernández, que ganaba en M45.

O programa desta cita concluía coa entrega de premios no pavillón polideportivo da Rúa. Este cross ten sido organizado pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo en colaboración co Club Adas e co Concello da Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
https://osil.info/probas-ix-cross-da-rua-en-imaxes/
https://osil.info/esther-navarrete-adas-e-victor-riobo-ganadores-absolutos-no-cross-da-rua/

Artigos relacionados

Back to top button