DeportesÚltima hora

O Adas Natación do Barco competirá no galego máster de verán en Ourense

Nesta cita, prevista para a fin de semana do 2 e 3 de xuño, o club valdeorrés estará representado por nove nadadores
Membros do Club Adas Natación do Barco./ Foto cedida.

 

Tras o remate da liga galega máster, o Club Adas Natación do Barco continúa con novas competicións. A máis inmediata será o Campionato Galego Máster de Verán que se celebrará do 2 ao 3 de xuño na Piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Nesta cita participarán, en diferentes probas, os nadadores Francisco José Rodríguez, Eloy J. Rodríguez, Fernando Valcarce, Andrés Fernández, Eva Goicochea, Jorge Espinosa, Fernando Rebanal, Magdalena Vázquez e Emilio Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button