DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Adas Natación do Barco, na IV Travesía do Encoro dos Peares

Comeza a tempada de augas abertas para o Adas Natación do Barco. Tras o campionato galego desta modalidade en augas do río Tea (Ponteareas) e ao que acudían os nadadores Benito Quiñones e Eloy Rodríguez, agora o club valdeorrés prepara a IV Travesía Desafío Encoro dos Peares, que se disputará o vindeiro 10 de xuño. Terá como escenario un espectacular entorno no que conflúen os ríos Bubal, Sil e Miño.

Ata alí teñen previsto desprazarse catro membros do Adas Natación: Jorge Espinosa, Benito Quiñones, Eva Goicoetxea e Eloy Rodríguez López. Participarán na proba de 3 km. A proba será organizada polo CN Escualos e abrirá o calendario do circuíto galego de augas abertas neste ano.

Nesta galería poden verse imaxes do campionato galego de augas abertas en Ponteareas. Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button