DeportesÚltima hora

O Adas quédase a un paso do podio no galego absoluto feminino de clubs de pista cuberta

Esta competición desenvolvíase o sábado 11 de xaneiro en Expourense

Membros do equipo feminino do Adas, xunto a presidente do club, no campionato./ Foto: Club Adas.

 

Apenas 8 puntos separaban ao equipo feminino do Adas do Barco do podio na Copa galega absoluta de clubs en pista cuberta. Esta proba desenvolvíase o sábado 11 de xaneiro nas pistas de Expourense, na cidade das Burgas.

A clasificación absoluta feminina liderábaa a Sociedade Ximnástica de Pontevedra (82 puntos), sendo prata o Atletismo Feminino Celta (80 puntos) e terceiro o Ría de Ferrol (69 puntos), mentres que o Adas situábase cuarto (57 puntos).

“O noso equipo, plagado de rapazas Sub16 e Sub18, conseguiu facerse coa cuarta posición, só por detrás dos equipos de primeira e division de honra”, aseguran dende o Adas, que ademais resalta, dentro desta destacada actuación, os primeiros postos de Marta Casanova no 3000, con mínima nacional absoluta incluída, e do relevo (formado por Marta Casanova, Lúcia Cardesín, María Fernández Bouza e Belén García), “que ganaba a proba un pouco a contra prognóstico”.

Ademais Lola Bouza facíase co segundo posto en pértega e María Fernández nos 400, mentres que Sandra Mosquera lograba unha terceira posición nos 1.500 m.

Artigos relacionados

Back to top button