AletismoDeportesÚltima hora

O Adas regresará á competición o vindeiro 7 de agosto

Media ducia de atletas do club valdeorrés acudirán ao control co que a federación reanuda a actividade atlética en Galicia

 

A progresiva volta ás pistas de atletismo en Galicia comezará da man dunha serie de probas, a primeira das cales será un control federativo en Pontevedra o vindeiro día 7 de agosto que baixo o nome “A volta do atletismo galego”, pretende ser o comezo da nova realidade deportiva actual, tal e como adianta a Federación Galega de Atletismo.

Nesta cita non faltará a presenza valdeorresa da man de media ducia de atletas do Club Adas do Barco, tal e como se confirma dende esta entidade.

Seguidamente a esa data virá a Festa do Atletismo Galego. Peregrina 2020 o 14 de agosto e o Meeting Ourense Termal o 21 que completarán a oferta de probas malia que non se descarta a posibilidade de facer outra cuarta proba sobre o día 22 caso de que non se poida completar a premisa de “un atleta, unha proba antes do galego”.

Despos virán dúas grandes citas como son o Campionato de Galicia os días 28, 29 e 30 de agosto en A Coruña, e o Campionato Nacional absoluto os días 12 e 13 de setembro en Madrid.

Protocolo COVID19

“Elaborar e organizar unha xornada entraña cumprir polo miúdo co Protocolo COVID19 que marca a regulación do atletismo galego, e que foi elaborado pola Federación e aprobada pola Secretaría Xeral recentemente como xa informamos”, explican dende a FGA.

Todo elo obriga a que se teñan que cumplir unha serie de estritas normas de seguridade, hixiene, acceso e control de usuarios que obrigará a habilitar unha plataforma de inscrición, para todos aqueles que desexen acudir en calidade de non participantes, activándose unha vez se dean a coñecer os/as admitidos en cada proba.

Artigos relacionados

Back to top button