DeportesÚltima hora

O Adas suma catro podios nos galegos de cross de categorías base na Rúa

 

Destacada actuación valdeorresa nunha intensa xornada de competición galega no circuíto do Aguillón na Rúa. Arredor de 800 atletas, chegados de diferentes puntos de Galicia, participaban nas  catro citas autonómicas de cross que se desenvolven neste domingo 26 de xaneiro en Valdeorras, seguidas por numeroso público. Entre os competidores non faltaba unha ampla representación da comarca, con atletas do Club Adas e do Atletismo Rúa, entre outros.

Así no 24º Memorial Alejandro Lorenzo-Campionato de Galicia de menores o Club Adas do Barco (reforzado con atletas da escola municipal de Trives) facíase co ouro en Sub10 masculino, ao sumar 23 puntos, seguido do Marineda Club e do Atlético Vila de Cangas. Xa en Sub12 sumaba outros dous podios: o bronce na categoría feminina (con 44 puntos) e o ouro na masculina (33 puntos).

Xa no galego Sub18 individual a barquense Inés Docampo (Adas) situábase terceira cun tempo de 15:39. Arestora está a disputarse o 2º Campionato de Galicia de campo a través mixto por relevos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-adas-subcampion-galego-de-campo-a-traves-mixto-por-relevos/
https://osil.info/a-valdeorresa-ines-docampo-terceira-no-campionato-galego-de-cross-sub18/
https://osil.info/dobre-ouro-para-o-adas-no-campionato-de-galicia-de-cross-de-menores/

Artigos relacionados

Back to top button