CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O adestrador do CD Barco, Manolo Pérez, renova por unha tempada máis

É o primeiro que consegue un posto de play off de ascenso a Segunda División B na historia do club valdeorrés

Manolo Pérez, adestrador do CD Barco.

 

O adestrador do CD Barco, Manolo Pérez, renova por unha tempada máis. Leva dúas campañas á fronte do equipo e é o primeiro adestrador na historia do club que consegue meter ao conxunto barquense en postos de play off de ascenso a Segunda División B.

O presidente do CD Barco, Nilo Ramos, explica que “a renovación estaba clara se el accedía a quedarse”. “Ademais, a idea que temos é que como adestrador do primeiro equipo, faga un seguemento total das categorías base xunto co coordinador”, afirma.

 

Durante un adestramento.

 

Por outra banda, tamén avanza que na vindeira tempada, os xogadores do primeiro equipo potenciarán os adestramentos das categorías base, de forma que “reforzarán os corpos técnicos destas categorías para que todo o mundo que xogue no club siga a metodoloxía do primeiro equipo”. “O principal obxectivo é que nun futuro próximo este modelo de canteira funcione para posibles fusións con clubs de comarca”, conclúe.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button