EconomíaEconomíaÚltima hora

O Aguillón rues acollerá esta fin de semana a VI Baco Festa

O recinto feiral inaugurase mañá ás 20:45h. pero antes, terá lugar o acto institucional na ponte da Cigarrosa
Imaxe nocturna da anterior edición da Baco Festa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Degustación de viños percorrendo as “Tabernas de Baco”, postos de gastronomía e artesanía, xogos populares e didácticos, así como actuacións musicais para todos os gustos. Son os ingredientes cos que se elaborou a VI edición da Baco Festa que se celebrará esta fin de semana no Aguillón da Rúa.

A festa inaugurarase mañá, venres 9 de agosto ás 20h. na ponte da Cigarrosa onde as autoridades da Rúa recibirán ás de Petín para, xuntos, inaugurar o recinto feiral. Ás 22:30h. serán as Xornadas de Folclore e a continuación a actuación de Thunderstuck, banda tributo a AC/DC. Para o sábado están previstas as actuacións do grupo local Blue Star (21h.) e da banda tributo a Miguel Ríos, Rock & Ríos (23:30h.); e para o domingo pola tarde, a de Fanfarria Takikardia.

O horario do recinto, tanto o sábado coma o domingo será de 12:30h. a 14:30h. e de 19:30 ata o remate, e nel reuniranse unha docena de adegas, así como os stands da Ruta do Viño, do Camiño de Inverno e de Almendralejo; unha decena de artesáns (locais e de fóra) e os tradicionais postos de comida e de gofres e crepes.

 

Cartel da VI edición da Baco Festa.

Artigos relacionados

Back to top button