OurenseÚltima hora

O alcalde da Gudiña reúnese coa delegada da Xunta en Ourense para analizar futuros proxectos conxuntos

Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de contactos cos alcaldes da provincia que está a facer Marisol Díaz

 

A delegada Marisol Díaz e o alcalde de A Gudiña, José María Lago, durante o encontro.

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde da Gudiña, José María Lago Cabo, nunha xuntanza que se enmarca dentro da rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou o pasado mes de xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos conxuntos que se están a desenvolver.

Tamén se subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron a renovación da rede de abastecemento do concello, a creación dunha Casa Niño, obras de repoboación para a recuperación do potencial forestal danado polo lume nos montes comunais de Herosa e Barxa, mellora de camiños e acondicionamento do saneamento do parque empresarial, entre outras actuacións.

A delegada territorial fixo fincapé na importancia de continuar nesta nova etapa a colaboración institucional e brindoulle ao alcalde da Gudiña todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos do seu concello que garantan o progreso e benestar da veciñanza.

 

A delegada e o alcalde amosan a súa colaboración.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button