EconomíaEconomíaÚltima hora

O alcalde da Veiga mantén un encontro co conselleiro de Economía

No seu decurso avaliaban os principais programas do departamento autonómico para impulsar o emprego local e a actividade económica e empresarial no rural

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reunese co alcalde da Veiga, Juan Anta.

Ata Santiago viaxaba o alcalde da Veiga, Juan Anta, para manter unha reunión co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Nela avaliaron os principais programas do departamento autonómico para impulsar o emprego local e a actividade económica e empresarial no rural.

Na reunión comentaban as axudas que o pasado ano recibiu este Concello para poñer en marcha un laboratorio cooperativo no que se formaron 10 persoas en apicultura. A través desta iniciativa, creouse a empresa con marca propia Mel de Trevinca, cunha produción de 12.000 quilos de mel dos cales máis do metade xa está etiquetado. Na actualidade, ademais, hai 18 persoas implicadas no proxecto, segundo a consellería.

Ademais ao longo de 2019 Economia concedeu a esta Administración local axudas por valor de preto de 400.000€ para a contratación de socorristas, de persoal para a realización de actividades vinculadas co sector forestal e para a posta en marcha dun obradoiro dual de emprego.

Con respecto a iniciativas como a de obradoiros, Conde apuntou a importancia de poñer en marcha programas de formación adaptados á demanda do tecido produtivo. Neste senso, incidiu na aposta da Xunta por unha formación de calidade flexible, dual e á carta.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close