Publicidade
EconomíaEconomíaÚltima hora

O alcalde da Veiga reúnese co conselleiro do Medio Rural para analizar actuacións en prevención de incendios forestais

Entre o ano 2017 e 2018 esta consellería destinaba un total de 100.800 euros en máis de 55 hectáreas de terreo deste municipio
O alcalde da Veiga, no encontro mantido co conselleiro do Medio Rural.

Co fin de analizar diversos temas relacionados co sector forestal o alcalde da Veiga, Juan Anta, mantiña nesta semana unha xuntanza co conselleiro de Medio Rural, José González. No seu descurso analizaban os tratamentos de prevención de incendios forestais realizados nestes dous últimos anos neste municipio.

Así entre tratamentos silvícolas e o acondicionamento de pistas e cortalumes, Medio Rural investiu entre o ano 2017 e 2018 un total de 100.800 euros en máis de 55 hectáreas de terreo. Ademais, dende este departamento autonómico tamén se indica que mantén o seu compromiso “na mellora das masas forestais existentes, con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas caducifolias e sobreiras. Neste senso, destinou 7 millóns de euros para a convocatoria deste ano ás axudas para accións silvícolas de prevención”.

Esta liña de axudas contempla a realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais, tales como rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés por hectárea. Tamén son subvencionables as rozas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical.

Estas accións preventivas realizadas pola consellería súmanse ás executadas pola brigada municipal que ten contratada en tempada de alto risco o concello da Veiga mediante o convenio marco de prevención de incendios. O propio conselleiro mostrouse agradecido de que este municipio tivese subscrito as tres liñas do convenio, pois a colaboración entre administracións é fundamental para protexer o patrimonio forestal.

Neste senso, o titular de Medio Rural tomou nota da solicitude do rexedor para poder renovar a actual motobomba. González comprometeuse a estudar dita petición, pois entende que é fundamental ter en condicións óptimas os medios materiais de loita contra incendios. De feito, a consellería renovou dende o ano 2009 un total de 55 motobombas para os distritos forestais e 42 para os concellos de Galicia.

Por outra banda, ambos dirixentes analizaron tamén a posibilidade de estudar distintos proxectos de potenciación dos aproveitamentos forestais, tales como cogomelos, resina e outro, co obxectivo de incrementar a xeración de emprego a través das posibilidades que ofrece o monte.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close