A VeigaConcellosÚltima hora

O alcalde da Veiga reúnese coa conselleira de Emprego

Imaxe da reunión.

 

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, vén de manter este xoves un encontro co alcalde da Veiga, Juan Anta, no que avaliaron os programas do departamento autonómico dirixidos a impulsar a formación para o emprego.

Lorenzana destacou a importancia da colaboración coa administración local para incrementar as opcións laborais e a igualdade de oportunidade dos galegos e analizaba co rexedor diferentes liñas de colaboración neste eido, ao tempo que expuxo as liñas xerais do orzamento da Consellería de Emprego e Igualdade para 2021.

Ademais a conselleira aseguraba que os obradoiros de emprego “son unha ferramenta importante para impulsar o emprego local, xa que son programas que ofrecen formación especializada e unha oportunidade laboral ás persoas sen emprego”. De feito, o Concello da Veiga foi beneficiario dun obradoiro de emprego dual para a convocatoria 2020/2021.

 

Artigos relacionados

Back to top button