ConcellosÚltima horaVídeos

O alcalde de Almendralejo agradece ao da Rúa a súa mensaxe de apoio e ánimo en plena pandemia

As vilas extremeña e valdeorresa manteñen un vínculo de irmanamento dende hai anos

 

 

Na mañá deste 22 de abril, o alcalde de Almendralejo José María Ramírez agradecía, na súa comparecencia pública, as mensaxes de solidariedade, respecto, apoio e alento que lle chegaban dende as dúas vilas irmás, A Rúa en Ourense e Ceprano en Italia, con motivo da pandemia e da suspensión da ancestral romaría de San Marcos, que se leva a cabo en Almendralejo cada 25 de abril.

Na súa intervención Ramírez explicou que o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, dirixiulle ao pobo de Almendralejo “unhas palabras de apoio a través dunha emisora local, que dende aquí lle agradezo”. En concreto, a chamada do rexedor galego foi ao programa “Café estudio” de Radio Almendralejo para dar as súas condolencias pola primeira vítima mortal do coronavirus na localidade extremeña.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button