ConcellosÚltima hora

O alcalde de Boborás reúnese ca Xunta para axilizar a aprobación total do PXOM

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio con Cipriano Castro.
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio con Cipriano Castro.

O alcalde do Concello de Boborás, Cipriano Castro, reuniuse onte, 13 de maio, coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, co fin de axilizar a aprobación definitiva das áreas de expansión de diversos núcleos rurais que quedaron en suspenso na Orde de aprobación defintiva parcial do PXOM do 19 de xuño de 2011.

O rexedor, acompañado dos técnicos municipais, trasladoulle á representante da Xunta que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil vén de dar luz verde ás delimitacións das áreas de expansión dunha serie de núcleos rurais, que no seu día quedaron en suspenso polas diverxencias relativas á falta de grafado das canles dos ríos.

Pola súa banda, a secretaria xeral ofreceu ao alcalde apoio técnico para axilizar estes trámites.

Artigos relacionados

Back to top button