EconomíaEconomíaÚltima hora

O alcalde de Larouco demanda un novo depósito de auga para Freixido

Joaquín B. Prieto reuniuse en Santiago coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato co alcalde de Larouco, Joaquín Bautista Prieto.
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato co alcalde de Larouco, Joaquín Bautista Prieto.

As obras de saneamento e abastecemento de Seadur, no concello de Larouco, rematarán a finais de abril ou principios de maio. Así llo aseguraba a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, ao alcalde da localidade, Joaquín Bautista Prieto, na xuntanza de traballo que mantiñan en Santiago de Compostela.

Tal como adiantan dende a consellería, a actuación, na que se investiron máis de 430.000 euros está rematada e, agora mesmo, estase a realizar a reposición dos servizos afectados. En concreto, os traballos consistiron na posta en marcha dunha rede unitaria de saneamento, unha rede de abastecemento e unha nova EDAR para 250 habitantes equivalentes.

O alcalde aproveitou a xuntanza para trasladar ao departamento autonómico outras demandas, como a construción dun novo depósito de auga para Freixido, unha actuación que se comprometeron estudar dende a consellería.

Artigos relacionados

Back to top button