Concellos

O alcalde de Larouco reúnese co conselleiro do Medio Rural

No encontro analizábase o estado das infraestruturas rurais deste municipio ourensán e as novas necesidades que pode ter
Un dos momentos da reunión do conselleiro do Medio Rural co alclade de Larouco.

Na mañá do 22 de outubro o alcalde do concello valdeorrés de Larouco, Joaquín Prieto, mantiña unha reunión en Santiago co conselleiro do Medio Rural, José González. No encontro analizábase o estado das infraestruturas rurais deste municipio ourensán e as novas necesidades que pode ter.

O Concello de Larouco ten previsto acometer un novo proxecto no marco do Plan Leader. Posúe varios edificios de titularidade municipal que eran as antigas escolas do municipio e pretende, a través das axudas que ten adxudicadas no citado Leader, convertelas en vivendas de aluguer. O obxectivo é transformar a primeira planta en vivendas, para o que é preciso realizar obras de división de espazo e de instalacións que permitan acondicionar a planta para o seu posterior aluguer de carácter social.

O orzamento é de 47.500 euros dos que o 78% (37.050 euros) procederán de fondos Leader e permitirá acondicionar dúas vivendas en cada edificio, poñendo a disposición un total de catro vivendas.

Artigos relacionados

Back to top button