ConcellosÚltima hora

O alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, reúnese coa delegada territorial da Xunta

Esta reunión tivo lugar hoxe, día 5 de agosto, en Ourense

 

 

O alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, reuniuse nesta mañá de 5 de agosto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. O propósito deste encontro, como lle explicou Díaz Mouteira ao elixido recentemente alcalde deste municipio, é “coñecer aos rexedores que exercen o seu cargo por primeira vez na provincia, co obxectivo de saber cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.

A delegada brindoulle ao novo rexedor toda a colaboración da Administración autonómica co fin de lograr o progreso e benestar deste municipio ourensán. Así, analizaron os proxectos que este concello ten solicitados diante da Xunta para os próximos meses e o seu estado de tramitación.

 

Artigos relacionados

Back to top button