PolíticaÚltima hora

O alcalde de Manzaneda lidera a candidatura por Ourense ás primarias de En Marea

A lista de “Somos Quen”, da que tamén forma parte Xosé Manuel Pérez Bouza, presentábase na tarde do 12 de agosto en Ourense
Membros da candidatura de "Somos Quen", no acto celebrado en Ourense.
Membros da candidatura de “Somos Quen”, no acto celebrado en Ourense.

É unha candidatura pensada para xente ourensá. Así se presenta a lista de “Somos Quen” que optará ás primarias de En Marea pola provincia de Ourense. Dábase a coñecer nun acto ante a prensa na tarde do 12 de agosto na cidade de Ourense. Esta candidatura está liderada polo alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez, e intégrana “xente de diversa procedencia” que considera que “podemos aportar moito o proxecto de En Marea en clave de país e frear deste xeito as políticas destrutivas de Feijoo. Somos conscientes de que despois de oito anos do goberno do PP, outros catro poderían levar a Galiza a unha situación de dificil recuperación. Isto anímanos a presentarnos dende distintas comarcas da provincia de Ourense cunha candidatura da xente”, tal e como eles mesmos din.

Califican de “ilusionante” este novo proxecto que encabeza Davide Rodríguez, rexedor de Manzaneda, “que vén avalado pola súa traxectoria que rematou cun despoboamento brutal nunha comarca de alta montaña do interior ourensán onde se está medrando en poboación, servizos, e creándose emprego a un ritmo superior as magnitudes socioeconómicas galegas”, explican dende a candidatura. “Gostaríamos de transmitir toda a ilusión que se percibe neste proxecto e poder trasmitilo á sociedade”, engaden.

Lista “Somos quen” para gañar Ourense:

1. David “de Manzaneda” Rodríguez Estévez
2. María Eva Gutiérrez Fernández
3. Xosé Manuel Pérez Bouza
4. Manuela Pérez Pérez
5. Jorge Lorenzo Vila
6. María José Conde Seguín
7. Alfonso Grande Pérez
8. Silvia Cuesta González

Artigos relacionados

Back to top button