EconomíaEconomíaÚltima hora

O alcalde de Monforte denuncia que a Xunta retrasa a promoción do Camiño de Inverno ata o 2020

José Tomé lamenta que “ata dentro de case dous anos, o Goberno galego non vai acometer ningunha actuación de sinalización nin de acondicionamento”
Peregrinos nunha das etapas polo Camiño de Inverno.

Monforte de Lemos é un dos concellos galegos polos que discorre o Camiño de Inverno, a ruta xacobea recoñecida oficialmente pola Xunta hai máis dun ano, e o seu alcalde José Tomé non está conforme coas accións levadas a cabo polo goberno autonómico en relación á ruta, de feito denuncia que “a Xunta de Galicia non ten prevista a promoción do Camiño de Inverno ata o ano 2020”. Así se demostra trala resposta da Axencia de Turismo de Galicia ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, nunha pregunta na que os deputados se interesan polo prazo previsto polo Goberno galego para arranxar as deficiencias do Camiño de Santiago ó seu paso por Monforte.

“Turismo de Galicia di que ata o ano 2020 non se vai promocionar o Camiño de Inverno”, lamenta o Alcalde, “en concreto, este organismo do Goberno galego remítese ao Plan Director do Camiño de Santiago, documento co que a Xunta dá resposta ás necesidades da ruta e dos peregrinos. Ese documento inclúe actuacións de sinalización e acondicionamento dos diferentes trazados”. José Tomé detalla que “este ano, o Plan focaliza a actividade no Camiño Portugués da costa, no 2019 será a quenda da Vía da Prata. A referencia ao Camiño de Inverno non aparece ata o ano 2020”.

O rexedor monfortino engade que isto significa que “ata dentro de case dous anos, o Goberno galego non vai acometer ningunha actuación de sinalización nin de acondicionamento do Camiño de Inverno”.

Artigos relacionados

Back to top button