OurenseÚltima hora

O alcalde de Montederramo reúnese co delegado da Xunta en Ourense

O alcalde de Montederramo na reunión en Ourense co delegado territorial da Xunta.

 

No marco da rolda de encontros que o  delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, está a manter cos alcaldes da provincia, reuníase esta mañá co rexedor de Montederramo, Antonio Rodríguez.

Na xuntanza o alcalde transmitíalle a Alén as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica e analizábanse temas prioritarios para este concello en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros.

Así, durante a reunión repasaban os proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button