ConcellosÚltima hora

O alcalde de Muíños reúnese co conselleiro de Política Social

Na xuntanza abordaban, entre outras cuestións, a situación do centro de día deste municipio e da mini residencia
Un dos momentos do encontro.
Un dos momentos do encontro.

O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño, reuníase na mañá do 13 de abril co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela en Santiago. No encontro abordaban a situación do centro de día e da mini residencia deste concello ourensán (para a que a Xunta de Galicia achegou máis do 90% do seu orzamento), que está a funcionar desde 2014.

Nesta liña, Alvarez Dobaño plantexáballe ao titular de Política Social o proxecto de ampliación desta infraestrutura social. Ademais o conselleiro e o alcalde salientaban, segundo se informa dende a Consellería de Política Social, a situación do municipio ourensán no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar cunha ratio de atención do 100% grazas ao incremento de 70 horas máis. A ratio de atención de prazas públicas de escolas infantís acada o 250%.

Artigos relacionados

Back to top button