ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O alcalde de O Bolo convida á delegada da Xunta en Ourense a visitar os muíños restaurados nas Ermitas

Na localidade bolesa consérvanse tres muíños: un fariñeiro, outro de aceite e unha minicentral

 

Aínda quedan algúns detalles para completar o proxecto pero as obras de restauración dos tres muíños que se conservan nas Ermitas (O Bolo) están rematadas. Por iso o alcalde do municipio, Manuel Corzo, non dubidou en aproveitar a visita que a delegada da Xunta en Ourense facía á comarca de Valdeorras, para convidala a visitar as edificacións, parte do patrimonio que se conserva nesta localidade bolesa.

Así, no mediodía do 20 de novembro, Marisol Díaz acompañaba ao alcalde de O Bolo e outros membros do grupo de Goberno ata As Ermitas, para comprobar de primeira man o resultado das obras no muíño fariñeiro e na minicentral. O terceiro é un muíño de aceite e xuntos, a carón do río Bibei, forman parte dun ambicioso proxecto plantexado hai anos por Manuel Corzo, cuxo obxectivo principal é conseguir más turismo para este municipio.

 

Interior da minicentral.

 

Con respecto ao investimento, o muíño fareleiro tivo un custe de 48.000 euros cofinanciados pola Deputación de Ourense e o propio Concello; o de aceite, de 50.000 euros pagados polo Agader; e a minicentral, máis de 53.000 euros cofinanciados polas Consellerías de Cultura e Turismo da Xunta.

 

Exterior do muíño fareleiro.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button