ConcellosÚltima hora

O alcalde de O Irixo pide a Medio Rural iniciar a parcelaria de Cusanca

A conselleira en funcións, Ángeles Vázquez, comprometeuse a dar luz verde a un proxecto que beneficiaría a preto de 200 veciños
Vázquez e Penedo, esta mañá, na reunión de traballo.
Vázquez e Penedo, esta mañá, na reunión de traballo.

O alcalde do Concello de O Irixo, Manuel Penedo, mantivo esta mañá un encontro de traballo coa conselleira en funcións de Medio Rural, Ángeles Vázquez, á que lle trasladou a petición de iniciar a parcelaria na parroquia de Cusanca. Para iso, o rexedor acompañou á solicitude formal un documento coas sinaturas de preto de 200 veciños interesados, así como o acordo adoptado neste mesmo sentido pola xunta de goberno local do municipio.

A titular en funcións do departamento autonómico comprometeuse a dar luz verde a este proxecto tras estudalo a fondo e adecualo á Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia. A parroquia esténdese por unhas 1.500 hectáreas de superficie, na que predomina o monte e, dende a Xunta aseguran que -malia que hai cultivos- existe un considerable grao de abandono.

Artigos relacionados

Back to top button