OurenseÚltima hora

O alcalde de Ourense asiste en Madrid a unha comisión da FEMP

A xuntanza avanza en materia de transparencia e participación cidadá nas administracións
Un momento da reunión, en Madrid.
Un momento da reunión, en Madrid.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, viaxou até Madrid para presidir a Comisión para a Modernización, Participación Cidadá e Calidade da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), na que se abordaron diferentes aspectos en materia de transparencia e accesibilidade nas administracións públicas. Actualmente, esta comisión cobre 216 concellos, tres comarcas, dúas mancomunidades, sete deputacións, un cabildo e un consello. Chega a un total de 20.674.948 habitantes de todo o estado.

Artigos relacionados

Back to top button