OurenseÚltima hora

O alcalde de Ourense quere rebaixar o imposto de circulación

Pérz Jácome confía en que a redución do 40% do IVTM sirva para diminuír a perda de censo

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, vén de asinar unha providencia instando a iniciar os trámites para reducir nun 40% o imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), máis coñecido coma imposto de circulación. Para que poida ser efectivo en 2022, o rexedor subliñou que esta modificación fiscal deberá expoñerse ao público e levarse a pleno neste 2021, “preferiblemente no mes de xullo”.

Con esta medida, o Concello deixará de recadar 2 millóns de euros anuais, pero cada propietario de vehículo aforrará unha media de 60 euros no recibo anual. Así, o grupo de goberno espera o apoio plenario dos grupos e dos concelleiros “nunha baixada de impostos que aliviará os petos dos cidadáns en época de crise, cando todo é pouco para axudar as economías domésticas”, di Pérez Jácome.

Ademais da compensación económica para as economías domésticas, o grupo de goberno persegue un aumento do censo, logrando que se volvan empadroar en Ourense aqueles veciños que o fixeron noutros concellos que contan cuns impostos máis baixos, á vez que un alivio da presión fiscal sobre a xa de seu deostada economía dos cidadáns empadroados na cidade. “Debería contribuír ao retorno de gran parte dos ‘exiliados fiscais’ e, con eles, os recursos tributarios fuxidos”, sopesa Gonzalo Pérez Jácome, “pero sobre todo animaríanos a recuperar a xustiza contributiva paliando a picaresca que o actual sistema promove coa súa falta de harmonización fiscal”, sentenza

Artigos relacionados

Back to top button