OurenseÚltima hora

O alcalde de Ourense reúnese por primeira vez co presidente da Xunta de Galicia

O encontro tivo lugar na mañá de hoxe, 22 de xullo, na cidade de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse por primeira vez hoxe, día 22 de xullo, co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Este encontro tivo lugar nas dependencias do edificio administrativo do goberno autonómico en Ourense.

 

Durante a reunión.

 

Nesta reunión tratáronse diferentes temas como a ampliación do CHUO, que está a ampliarse dende maio e que se poderá presentar á poboación no primeiro semestre de 2020; ou tamén en materia de sanidade, o funcionamento pleno do centro interxeracional, ademais da licenza de licitación para o Centro para Persoas Adultas con Discapacidade, que foi pedida no día de hoxe no Concello, segundo Núñez Feijóo.

En materia educativa, o presidente da Xunta anunciou a construción de catro novos centros educativos, ademais da licitación do novo edificio de Formación Profesional, unha iniciativa que contará cun investimento público de aproximadamente 10 millóns de euros.

 

Durante a reunión.

 

Ademais, nesta reunión tamén se tratou o tema das comunicacións, onde Núñez Feijóo mostrou a súa preocupación pola lentitude do traballo de Adif na estación intermodal. O presidente da Xunta tamén lle manifestou ao alcalde, a necesidade de contar con terreos para a construción dun novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense, para o que se calcula que serán precisos 20 millóns de euros. Do mesmo xeito, Pérez Jácome incluíu na axenda a posibilidade dun novo edificio administrativo para todas as dependencias municipais, un asunto no que lle solicitou apoio en termos económicos ao goberno autonómico.

Por último, o presidente transladoulle a Pérez Jácome a necesidade de que o Concello axilice os trámites que dependen del no Ecobarrio para que a maior parte das actuacións poidan estar en marcha en 2020.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close