ConcellosÚltima hora

O alcalde de Quiroga pon fin á súa traxectoria profesional sanitaria para centrarse na política

Julio Álvarez despedíase dos seus compañeiros do Centro de Saúde de Quiroga cunha cea

 

Despois de 43 anos de labor profesional como ATS, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, decidiu poñer fin á súa traxectoria sanitaria para dedicarse exclusivamente á vida política. Así na noite do 8 de novembro despedíase dos seus compañeiros do Centro de Saúde de Quiroga cunha cea. Nesta mesma celebración tamén se despedía a outro profesional do centro, Alfredo Regueiro.

Julio Álvarez levaba 37 anos exercendo como practicante en Quiroga, dende moito antes de que se abrira o Centro de Saúde. E dende hai 32 anos compaxinando este traballo coa política, non só local, xa que tamén foi presidente da Fegamp e vicepresidente da Deputación de Lugo.

Agora con 62 anos, retirándose da área sanitaria, centrarase no seu traballo como alcalde de Quiroga e demais cargos políticos.

Artigos relacionados

Back to top button