ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O alcalde de Río plantéxalle ao delegado da Xunta a necesidade dun plan de mobilidade para este municipio

Así llo plantexaba na xuntanza que ambos representantes mantiñan esta mañá en Ourense

O alcalde de Río, na reunión co delegado territorial da Xunta en Ourense.

 

Esta mañá o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantiña unha xuntanza co alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez. Durante a xuntanza o rexedor de Río plantexoulle que “existen catro tipos de concellos rurais na loita contra a despoboación: os que asumen que non ten remedio a perda poboacional e xa non buscan solucións, os que apostan polo sector agrogandeiro, os que apostan polo turismo e o modelo San Xoán de Río”, que consiste en “apostar por atraer talento e as novas tecnoloxías para darlle a volta a situación”.

As dúas principais propostas que lle plantexaba Xosé Miguel Pérez ao delegado da Xunta en Ourense eran “a transferencia da estrada OU-0705 da Deputación de Ourense e a LU-P-5301 da Deputación de Lugo (Alto de Cerdeira-San Clodio) á Xunta de Galicia, sendo o principal eixo vertebrador entre as comarcas de Trives e Caldelas en Ourense coa de Quiroga en Lugo”, así como un “plan de mobilidade no que os veciños poidan desfrutar, para determinados servizos de prezos de autobús para transportes en taxis compartidos”.

O rexedor tamén lle trasladou a petición dunha nave para maquinaria municipal e dun parque infantil cuberto, ademais de manifestar o seu interese por que o seu concello dispoña dunha casa do maior.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando a concesión dunha casa niño, a construción dunha nave para cochera e almacén municipal ou a mellora de camiños rurais.

Esta reunión forma parte da rolda de encontros institucionais de Gabriel Alén tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button
Close