ConcellosÚltima hora

O alcalde de Sober, presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

Vén de ser elixido por unanimidade nunha sesión plenaria da entidade na que se escollía como vicepresidente ao rexidor de Nogueira de Ramuín, Jose César Parente Pérez
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, novo presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, novo presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

O Centro Cultural de Esgos acollía o 20 de xullo a sesión plenaria de organización do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, tras as elecciós municipais. Nela decidíanse os novos cargos de presidente e vicepresidente, para os que resultaban elixidos, por unanimidade, o alcalde de Sober e o de Nogueira de Ramuín, respectivamente.

O rexedor de Sober, Luis Fernández Guitián, agradecía o apoio dos 21 concellos participantes na reunión, así como do Consello regulador da DO Ribeira Sacra e comprometíase a facer un traballo “serio e responsable” para que o Consorcio siga sendo un dos organismos de referencia para a Ribeira Sacra e, sobre todo, para impulsar a candidatura ante a Unesco para que a zona sexa declarada Patrimonio da Humanidade.

Ademais de agradecer o traballo do anterior equipo, comprometíase a estudar a proposta de que a sede deste organismo se traslade a un lugar fixo, tal e como propuxo o rexedor de Monforte. Acordouse tamén remitir a todos os concellos e asociacións o material (elaborado polo equipo de técnicos seleccionados polo Valedor do Pobo e financiado polas Deputacións de Ourense e Lugo) sobre a candidatura a Patrimonio Mundial que se deu a coñecer o sábado 18 de xullo en Esgos para que todos os interesados e interesadas poidan facer achegas e suxestións.

Tras o pleno, tiña lugar unha xuntanza da Comisión de Seguimento para a Candidatura de Patrimonio da Humanidade. Nela decidíase ceder a presidencia á Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button